SUNIL LÓPEZ, en formato TRIÓ, ven de presentarnos nesta tarde se traballo discográfico (Smoke Gets In Your Eyes, con el sello Fresh Sound New Talent). Extraordinario concerto o que nos ofeceron estes tres musicos, novos, pero magníficos músicos.
Sunil López é un dos novos valores do jazz español. O mozo pianista e compositor vigués formouse no prestixioso Jazzcampus de Basilea (Suíza), baixo a dirección de profesores como Brad Mehldau, William Evans, Lionel Loueke, Aydin Esen, Mark Turner, Guillermo Klein, entre outros.
A súa sensibilidade musical levouno a gravar con músicos da talla de Jorge Rossy, Marçal Perramon, Camil Arcarazo, Giuseppe Campisi, Joan Codina, Genius Wesley, entre outros. En febreiro de 2025, o seu primeiro álbum de trío como líder, Smoke Gets In Your Eyes, foi lanzado a través do selo barcelonés Fresh Sound New Talent. A súa música caracterízase por unha forte compoñente lírica e unha sensibilidade melódica, cunha inevitable referencia á tradición jazzística. Tamén destaca o espírito de exploración constante das posibilidades sonoras do instrumento.