IX PREMIO
LITERARIO
"CARLOS
CASARES",
CONVOCADO POLO
LICEO DE OURENSE,
NA MODALIDADE DE
MICRORRELATO
BASES
Primeira:
Convócase a Novena edición do PREMIO LITERARIO
"CARLOS CASARES", do Liceo de Ourense, na modalidade de Microrrelato.
Segunda:
Fíxase un
PREMIO de MIL CINCOCENTOS EUROS.
Terceira:
Poderá concorrer a este premio calquera persoa
que presente escritos inéditos da súa autoría cun máximo de tres, e redactados en calquera dos dous idiomas oficiais en Galicia.
Cuarta:
Os orixinais terán
unha extensión máxima de mil cincocentoscaracteres,
debendo presentarse por
quintuplicado, e antes do 21 de maio do ano 2010, na Secretaría do "Liceo de Ourense", sita na rúa Valentín Lamas Carvajal,
Quinta:
Con cada orixinal,
que deberá ser presentado
baixo lema, adxuntarase en
sobre pechado o nome completo, enderezo
e teléfono da persoa que
concorre ó premio, así como o título definitivo da súa obra.
Sexta:
O Xurado estará integrado polo
Presidente do Liceo de Ourense,
os membros da Sección de Literatura, don Marcos Valcárcel
López, dona Teresa Devesa Graña, dona Loly Conde Fernández,
don Delfín Caseiro
Nogueiras e Don Segismundo Bobillo Morgade, actuando como Secretario
o Xerente do Liceo.
Séptima:
Se o Xurado o estimase
oportuno, podería outorgar un
ou varios accésits, fixando
a súa dotación económica. Asimesmo poderá
declarar deserto o premio, no caso de non se presentar
obras que teñan un mínimo
de calidade. O Fallo do Xurado será inapelable.
Oitava:
A entrega dos premios terá lugar nun Acto Literario
enmarcado nas Festas do Liceo,
que se celebrará o 28 de maio.
Novena:
O Liceo de Ourense resérvase o dereito de publicación da obra premiada, así
como dos accésits no caso de habelos,
feito que conlevará a renuncia do autor, ou autores
premiados, a percibir os dereitos
desta edición.
Décima:
Os orixinais que non
resulten premiados, serán
destruídos nun prazo de tres
meses dende o día do fallo, agás que se reciba solicitude por escrito para a súa
devolución.
Undécima:
A participación no
Premio leva implícita a aceptación das presentes bases.
Ourense,
26 de marzo de 2010
A XUNTA DIRECTIVA.