Extraordinario Concerto do TRIO ÁRTABRO, unha auténtica marabilla, un luxo para todos os que acudimos esta tarde de sábado o Salón Noble do Liceo de Ourense.  Nesta ocasión interpretaron unha incursión no repertorio canónico para trío con piano, aportando a súa versión de  obras emblemáticas de Shostakóvich e Schubert.  O Trío Ártabro é unha agrupación integrada por músicos galegos cunha dilatada experiencia tocando xuntos, en diferentes formación camerísticas, NURIA DIAZ o PIANO, JAVI CEDRÓN o VIOLIN e JUANCHO ALMARZA o VIOLONCHELO. Teñen ofrecido as súas interpretacións en salas como o Museo de Belas Artes ou o Paraninfo da Universidade da Coruña. Todos eles son docentes no Conservatorio Profesional da Coruña.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *